Compartimos coñecemento para conservar o mar. A formación e a divulgación son parte esencial do labor de CryoLab.
A formación é unha das bases de CryoLab. A través de talleres e sesións prácticas, compartimos metodoloxías de criopreservación adaptadas a diferentes organismos mariños, dende microalgas ata gametos e larvas de bivalvos. Estes cursos están orientados a persoal investigador, técnico e estudantes que desexan aprender a aplicar protocolos reais de conxelación e desconxelación en condicións controladas.
Durante as sesións, os participantes aprenden a preparar mostras, empregar crioprotectores, optimizar tempos de enfriamento e avaliar a viabilidade celular despois do proceso. O enfoque é sempre experimental e participativo: o obxectivo non é só reproducir un protocolo, senón comprender os mecanismos biolóxicos que explican o seu éxito ou fracaso.
As actividades formativas desenvólvense tanto nas instalacións de CryoLab como en centros colaboradores, permitindo adaptar os contidos ao tipo de organismo ou infraestrutura dispoñible. Deste xeito, a formación convértese tamén nunha ferramenta de transferencia, levando a ciencia do laboratorio ao mar e fortalecendo a capacidade técnica das institucións que traballan coa biodiversidade mariña.
A transferencia é unha das prioridades de CryoLab. Os protocolos desenvolvidos no laboratorio aplícanse xa en minicriadeiros, coleccións de organismos e proxectos colaborativos co CIMA e con institucións europeas. Cada resultado transfírese á práctica, contribuíndo á acuicultura sostible e á conservación da biodiversidade mariña.
A través destas accións, o equipo de CryoLab participa tamén en actividades formativas, intercambios científicos e estadías en centros asociados, que permiten poñer en práctica e mellorar os métodos de criopreservación.
Participamos en congresos, encontros científicos e accións de divulgación que achegan a criobioloxía mariña a públicos moi diversos, desde estudantes ata profesionais do sector.
Exemplos:
Reunimos aquí ferramentas e materiais útiles para quen desexe aprender, experimentar e aplicar a criopreservación no estudo de organismos mariños.