CRYOPRESERVACIÓN DOS RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS

A criopreservación permite conservar células e tecidos mariños a baixas temperaturas. En CryoLab investigamos os mecanismos que determinan o éxito da conxelación e desenvolvemos protocolos específicos para diferentes organismos, desde microalgas ata bivalvos, poliquetos ou peixe

Novas

Nesta sección recóllense as novas máis relevantes relacionadas coa criopreservación de organismos mariños.
Aquí atoparás información sobre proxectos en marcha, resultados de investigación, colaboracións e actividades de divulgación que reflicten o traballo do equipo de CryoLab.

 

O noso obxectivo é compartir os avances que contribúen a mellorar os protocolos de criopreservación e a súa transferencia a coleccións biolóxicas, minicriadeiros e centros de investigación mariña.

Fito tecnolóxico: O equipo da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla) en Vigo desenvolveu un protocolo pioneiro, publicado na revista científica Cryobiology, que permite conxelar, desconxelar e garantir que as larvas continúen o seu desenvolvemento

CryoLab é un laboratorio dedicado ao estudo e desenvolvemento de protocolos de criopreservación aplicados a organismos mariños.
O seu traballo céntrase en comprender os procesos biolóxicos que determinan o éxito da conxelación e conservación de células, gametos e larvas. O equipo investiga diferentes grupos —desde microalgas e bivalvos ata poliquetos e peixes— para adaptar cada método ás características propias de cada especie.

 

O obxectivo principal de CryoLab é combinar investigación básica e transferencia tecnolóxica.
Os seus protocolos aplícanse en coleccións biolóxicas, hatcheries e proxectos de conservación, contribuíndo á preservación da biodiversidade mariña e ao desenvolvemento sostible da acuicultura.

 

CONSERVAMOS O MAR CRIOPRESERVANDO

Redes